Quen somos?

Ruve Modelismo Ferroviario

Ruve  Modelismo é un tenda, situada no centro da Coruña, dedicada en exclusiva á comercialización de trens en miniatura así como os complementos necesarios para crear unha maqueta.

Actualmente contamos cun stock de máis de 5.000 referencias distintas de 20 firmas diferentes:  Marklin,  Minitrix ou  LGB entre outras moitas. Dentro destas referencias poderás atopar modelos e accesorios das 5 escalas coas que traballamos:  Z (1:220),  N (1:160),  HO (1:87), I (1:32),  G (1:22,5).

Se estás a empezar no mundo do modelismo ferroviario e maquetismo, en Ruve Modelismo poderás atopar unha ampla gama de caixas de iniciación xunto con locomotoras, vagóns, vías, casas, árbores, coches, farois…

Outro dos servizos que nos caracteriza é o asesoramento en calquera campo do  modelismo. Se necesitas axuda para levar a cabo a túa idea, ven a visitarnos á nosa tenda situada na Coruña e axudarémosche co deseño de maquetas ou circuítos, combinación de  difernetes trens e montaxe de diferentes elementos decorativos.

Especialistas en trens dixitais con son. Ademais das locomotoras ofrecidas con son de fábrica equipamos calquera locomotora en escala  HO (1:87) que teñamos en stock con son. Tamén temos en existencias locomotoras en escala  N (1:160) con son posto polo noso equipo técnico.

Repercusión nos Medios